Santiago acolleu o foro «A eficacia das organizacións da sociedade civil europea no desenvolvemento»

1 Comentario
423 Vistas

A eficacia das organizacións da sociedade civil europea no desenvolvementoComo parte do proceso de reflexión internacional do Open Forum, que busca definir un marco de traballo global sobre a eficacia do desenvolvemento dende a visión das ONGDs, os pasados días 28 e 29 de xuño, celebrouse en Santiago o Foro «A eficacia das organizacións da sociedade civil europeas no desenvolvemento». As conclusións deste proceso servirán de insumo na próxima reunión do Foro de Seul, a celebrar no 2011, ónde se evaluará o avance e estableceranse os próximos pasos na Axenda da Eficacia.

Tras a Declaración de París e o Programa de Acción de Accra, as organizacións da sociedade civil enfrontámonos a un contexto máis complexo e en proceso de cambio de cara a unha nova arquitectura do desenvolvemento, que significa tamén abordar a implementación dunha Axenda da Eficacia da Axuda. Neste senso, xorden espacios de reflexión e análise a nivel nacional e internacional que pretenden abordar o punto de vista das ONGDs neste novo contexto.

O Foro celebrado en Santiago serviu, dunha banda para contribuír ó proceso cos aportes das experiencias das entidades españolas, así coma poñer en común as distintas aproximacións das organizacións europeas. De todo isto, estableceranse conclusións que contribúan ó proceso global do Open Forum.

No acto participaron ONGDs membro do Coordinadora galega e estatal de ONGDs, redes e entidades da sociedade civil do ámbito europeo, representantes da Comisión Europea, o Goberno español, comunidades autónomas e Gobernos locais.


Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.