Semana galega de movilización contra a pobreza
Para denunciar, visibilizar e esixir responsabilidades á Xunta de Galicia en relación ao recortes en materia de cooperación ao desenvolvemento, envía a túa queixa ao Valedor do Pobo.
Dende a Coordinadora temos elaborado un modelo de carta máis un espazo na nosa web para que coñezas as formas de envío das queixas. Cantas máis cartas enviemos, mellor. Demostremos así que somos moitos e moitas as que estamos a favor da xustiza social e a solidariedade, e en contra da política de recortes da Xunta.
Difundades a campaña entre as túas amizades, compañeiro/as de traballo, familiares… E utiliza as redes socias para compartir o enlace da campaña: http://galiciasolidaria.org/campanas.php?c=4
Participa nas actividades da túa cidade ou vila
Sae a rúa contra a pobreza! E infórmanos das túas actividades!
A CORUÑA
Obradoiro do teatro d@ oprimid@
Día: 14 ao 16 de outubro
Pendente confirmación horario e lugar
Organiza: ACSUR Galiza
Teatro contra a pobreza
Día: 14 de outubro
Lugar: Praza do Obelisco
Hora: 18:00
Coordina: Arquitectos sen Fronteiras
ALLARIZ
Exposición «Mulleres maias unidas, queremos ensinar, queremos aprender»
Día: do 10 ao 14 de outubro
Lugar: Fogar do maior (A Barreira, 3)
Hora: de 10:00 a 18:00 horas
Organiza: Arquitectos sen Fronteiras
LUGO
Teatro contra a pobreza
Día: 14 de outubro
Lugar: 1º pase, Praza de Santo Domingo; 2º pase, Praza Maior
Hora: 1º pase, 12:00 horas; 2º pase, 19:00 horas
Coordina: A Cova da Terra
PONTEVEDRA
Teatro contra a pobreza
Día: 13 de outubro
Lugar: Praza da Peregrina
Hora: 18:00 horas
Coordina: AGARESO
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Entrega de queixas ao Valedor do Pobo
Día: 11 de outubro
Lugar: sede do valedor do Pobo (Horreo, 65)
Hora: 12 horas
Organiza: Coordinadora Galega de ONGD
Teatro contra a pobreza
Día: 12 de outubro
Lugar: Praza das Platerías
Hora: 12:00 horas
Organiza: Coordinadora Galega de ONGD
Xornada formativa sobre masculinidades
Día: 12 de outubro
Lugar: Praza do matadoiro, 7
Horario: de 9:00 a 20:00 horas
Organiza: InteRed
VIANA DO BOLO
Teatro contra a pobreza
Pendente de confirmación o día e a hora
Organiza: IES Carlos Casares
VIGO
Exposición Portas
Día: do 10 ao 16 de outubro
Lugar: casa das Artes (Policarpio Sanz, 15)
Hora: de 18:00 a 21:30 horas (de luns a venres) e de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 o sábado.
Organiza: Plataforma 2015 y más
Participa nas mobilizacións do 15-M na túa cidade
Dende a Coordinadora Galega de ONGD apoiamos o movemento 15-M, mesmo participamos no Foro de Asociacións que organizou o colectivo este verán.
Neste sentido, animámosvos a saír á rúa en contra a pobreza nas distintas manifestacións que, o 15 de outubro e baixo o lema «Por un cambio de modelo político, económico e social», terán lugar en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.
Difúndeo nas redes sociais
Cada persoa conta!
- Faite amigo/a do noso Facebook e axúdanos a difundir a campaña nas redes sociais!
- Se tes espírito de reporteir@, fala sobre a Semana no teu blog. E mándanos o enlace!
- Envíanos un vídeo no que apareza o lema da Semana Esixe Pobreza Cero. A solidariedade non se recorta») e no que lles expliques aos gobernantes que pensas sobre os recortar nas políticas sociais e de solidariedade.
- Fala da Campaña entre as túas amizades e familiares.