SI Galicia condena o ataque israelí á frota humanitaria

0 Comentario
401 Vistas

Solidariedade Internacional de Galicia condena enerxicamente o ataque do exército israelí sufrido polo convoi de axuda humanitaria en augas internacionais que se dirixía á Franxa de Gaza, coa conseguinte perda de vidas e feridos.

Solidariedade Internacional considera que o ataque aos seis barcos cargados de axuda humanitaria constitúe unha acción que merece a condena da comunidade internacional, porque causou mortos e feriu entre persoal civil e humanitario, impide a chegada de axuda humanitaria, non respecta as normas do Dereito Internacional Humanitario e atenta contra a seguridade do persoal humanitario.

Solidariedade Internacional súmase así á condena expresada por numerosos gobernos, sociedade civil e cidadáns e instamos a unha protesta pacífica. Cremos que o recurso á violencia por calquera das partes non contribúe ao arranxo do conflito. Finalmente, pedimos que se leve a cabo unha investigación imparcial que aclare o sucedido e procédase a unha explicación dun suceso que supuxo a lamentable perda de vidas humanas.

Dende a súa creación, Solidariedade Internacional de Galicia apoia os territorios Palestinos, vítimas durante décadas de sanguentos conflitos que non permiten aos palestinos/as vivir un vida sen terror. O propósito do noso traballo, neste sentido, é mellorar o sistema sanitario nos territorios Palestinos, a través da colaboración coa organización UHWC que traballa na prestación de servizos de saúde básica.


Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.