Solidariedade Internacional de Galicia aposta pola Banca Ética

0 Comentario
748 Vistas

Solidariedade Internacional de Galicia aposta pola Banca ÉticaO pasado 16 de xaneiro quedou constiuida a Asociación Fiare Galiza, un proxecto de creación e consolidación dun sistema de Banca Ética do que Solidariedade Internacional de Galicia decidiu, na Asamblea Extraordinaria celebrada o pasado 4 de decembro, formar parte activa.

A actividade económica non é neutral. Pretende impoñerse a impresión de que a economía funciona con claves científicas nas que non entran dimensión éticas.

Así, o sistema bancario tradicional pasou da súa función básica de intermediación de depósito e crédito a un entramado complexo en que o interese principal está nas carteiras de negociación especulativas. Nel fináncianse proxectos non sustentables, destructivos e defínese por provocar un excesivo endebedamento, ter por principio a exclusión bancaria dos pobres, xogar co financiamento de necesidades básicas poñendo en perigo a supervivencia de grupos humanos…. Pero a actividade económica non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou non intencionais. Toda decisión económica é, en último termo, unha decisión ética, asumida desde un marco determinado de conviccións e as súas consecuencias favorecen a unhas persoas e prexudican a outras.

A implicación ética desta realidade non se detén na acusación dirixida aos bancos e poderes económicos, xa que a participación particular de cada cidadán/á fainos responsables ante a agresión que se leva a cabo empregando, entre outros, os nosos aforros. A SUMA das nosas accións individuais (legais, “inocentes”, socialmente aceptadas…) ten efectos DEVASTADORES en persoas e lugares que non coñecemos (ou non queremos coñecer).

Ao noso redor, cada vez máis persoas e organizacións vanse facendo conscientes desta realidade e intentan tomar as decisións sobre o destino dos seus aforros, sobre as súas solicitudes de crédito ou os seus investimentos con responsabilidade, baseándose nunha información fiable e suficiente.

Xorden así preguntas como as seguintes:

  • ¿Cobre o sistema bancario actual as nosas demandas como persoas aforradoras, consumidoras e investidoras?
  • ¿Atopan as organizacións sociais e os/as seus/ súas usuarios/ usuarias resposta nas entidades financieiras tradicionais?
  • ¿Onde e desde que criterios invisten o noso diñeiro as institucións financeiras?
  • ¿Responden as entidades financeiras ás demandas das nosas sociedades e especialmente ás que proveñen dos sectores máis desfavorecidos?
  • ¿Existe un modelo alternativo de banca que sitúe esas demandas no centro da súa misión, visión e valores?

A nosa pretensión é dar respostas satisfactorias a estas preguntas e isto podemos atopalo no inicio e na base do proxecto de Banca Ética de FIARE.

A BANCA ÉTICA é unha proposta de intermediación financeira que persegue a transformación social, polo que os seus labores de captación de capital, investimento e préstamo realízanse desde unha filosofía integral e uns fins éticos ao servizo da xustiza e baseados en;

  • Intermediación financeira ao servizo da Xustiza.
  • Transparencia informativa de todo o circuíto dos cartos.
  • Funcionamento en mans dos movementos sociais.
  • Carácter Non lucrativo.
  • Inserencia no sistema financeiro.

Desde esta perspectiva, os obxectivos xerais de Fiare, como intermediario financeiro son:

  • Financiar actividades económicas que impliquen un impacto social positivo e transformador. É dicir, apoiar empresas, actividades e proxectos sociais, ecolóxicos, culturais e solidarios, favorecendo o desenvolvemento humano tanto nas nosas sociedades do Norte coma do Sur, poñendo o diñeiro a disposición das persoas excluídas e das organizacións que traballan con elas.
  • Ofrecer instrumentos de aforro e de investimento responsables. Trátase de poñer a disposición da cidadanía a posibilidade de apoiar cos seus aforros ese tipo de actividades, decidindo responsablemente o uso que fai a entidade financeira dos seus aforros e excluíndo calquera investimento en actividades ou empresas que colaboren co mantemento da inxustiza e o deterioro do noso mundo (tráfico de armas, explotación laboral, destrución do medio ambiente …).

Solidariedade Internacional de Galicia, como entidade que promove o consumo responsable en todas as súas facetas, non pode deixar de lado unha con tantas implicacións coma a da banca, e é por isto que dende o pasado 4 de decembro, entrou a formar parte da Asociación Fiare Galiza dende a que traballará para poder ofrecer un sistema bancario alternativo.

Se queres saber máis, visita www.fiare.org


Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.