Tecendo solidariedade: encontro de voluntariado

0 Comentario
7470 Vistas

O pasado 18 de abril, Solidariedade Internacional de Galicia celebrou no Centro Social O Burgo, en Pontevedra, o encontro “Tecendo solidariedade”, unha xornada de formación, participación e convivencia dirixida á base social da entidade. 

Na actividade participaron 45 persoas, entre voluntariado, equipo técnico, Xunta Directiva, persoas socias e persoas afíns á organización. Ao longo da xornada desenvolvéronse diferentes espazos para coñecer mellor as áreas de Cooperación Internacional, Educación para a Cidadanía Global e Comercio Xusto, compartir experiencias e reflexionar sobre as posibilidades de participación dentro de SIG. 

Un dos momentos máis destacados foi o encontro con tres representantes de Mujeres Mayas Kaqla, entidade contraparte de SIG en Guatemala, que permitiu achegar ás persoas participantes ao traballo desenvolvido no país e coñecer de primeira man os procesos comunitarios que acompañan. 

A xornada incluíu tamén momentos de encontro e convivencia que contribuíron a fortalecer os vínculos entre as persoas participantes, o sentimento de pertenza e o recoñecemento do papel fundamental do voluntariado na entidade. 

O encontró foi un espazo de aprendizaxe no que compartir e seguir construíndo unha organización máis participativa, cohesionada e conectada coa súa base social. 

Esta actividade foi posible grazas ao financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no marco da convocatoria de apoio ás entidades de acción voluntaria para o desenvolvemento de actividades de voluntariado durante o ano 2026.


Decolonizar para transformar: xornadas sobre os programas universitarios de Cooperación Internacional

O grupo de investigación ECIGAL (Educación para a Cidadanía Global)...

Conversando con Haydée Castillo: cando as historias se conectan

O pasado martes, 3 de novembro, recibimos na nosa Tenda...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.