Un encontro de reflexións, soños de cambio e compromiso social

0 Comentario
6397 Vistas

O encontro final do proxecto «Liderados Xuvenís Transformadores» celebrouse o 21 de decembro na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela, un espazo elixido por ser accesible e céntrico para facilitar a participación de colectivos de diversas localidades como Vilar de Santos, Vigo, Lugo e Noia. A organización deste evento foi un desafío que se converteu nunha experiencia enriquecedora, xa que xuntou a mozos e mozas de diferentes realidades, diversidades e idades (desde os 8 anos ata adolescentes e xóvenes). Para garantir a inclusión, elaborouse un protocolo de atención á diversidade, que permitiu que cada persoa participante se sentise valorada e respectada.

A mocidade realizou presentacións sobre as súas iniciativas de activismo xuvenil, destacando os dereitos que defenden e o impacto das súas actividades na sociedade, e o programa do encontro incluíu actividades participativas que fomentaron a interacción entre os diferentes grupos. A través destas dinámicas, favoreceuse que os mozos e mozas compartisen tamén as súas inquedanzas, preocupacións e soños, mantendo conversas significativas sobre temas como a xuventude, a participación ou o activismo.

Video resumo do encontro

A maioría das súas conclusións, versaron sobre preocupacións compartidas como as desigualdades, o idadismo, as discriminacións, o cambio climático, a falta de empatía e de intelixencia emocional, e sobre como a sociedade percibe á xente nova, mencionando estigmas como o de «xeración de cristal». Tamén debateron sobre a importancia de fomentar a participación xuvenil e de como animar a outros mozos e mozas a unirse a causas para transformar as realidades inxustas que observan, contribuíndo así a mudar tamén o mundo. Os soños de futuro que emerxeron durante o encontro fálannos dun mundo sen contaminación, libre de todo tipo de violencias, onde se respecten os dereitos humanos de todas as persoas e se promova o diálogo, o respecto ás diversidades e a empatía.

A rapazada destacou a importancia de empoderar á xuventude e de fomentar a súa participación activa na sociedade en igualdade de consideración respecto doutras xeracións máis maiores. Amosaron un firme compromiso co cambio social, resaltando que a súa voz é importante e que están dispostas a loitar por un futuro mellor.

A xornada finalizou cunha actuación musical do grupo As Xingras da Arca, que simbolizou a riqueza cultural e a diversidade das persoas participantes, e cun xantar compartido que permitiu fortalecer lazos e continuar as conversas informais, enriquecendo así a experiencia de todos e todas.

Este encontro non só foi un espazo de reflexión e conexión onde cada voz conta e cada acción suma na construción dunha sociedade inclusiva e solidaria, senón tamén unha celebración da creatividade, da mocidade, do compromiso das novas xeracións e do seu potencial transformador.

Esta iniciativa é posible grazas a Consellería de Política Social e Xuventude.


Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.