Unha nova alianza con vocación de futuro

0 Comentario
5603 Vistas

A comezos deste 2022, a nosa organización estableceu colaboración e sinerxías coa ASOCIACIÓN CULTURAL CALLEGA DE FORMACIÓN PERMANENTE DE ADULTOS (ATEGAL). Esta produciuse no marco do proxecto “Do envellecemento Activo ao Envellecemento Activista”, un programa de promoción da acción voluntaria dirixido ás persoas maiores de 50 anos de Galicia e financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.

ATEGAL é unha recoñecida entidade sen fins de lucro,  colaboradora da Xunta de Galicia, que conta con 40 anos de historia e experiencia na formación permanente sociocultural para persoas maiores, sendo unha entidade referente neste eido. Mostra disto, son as súas Aulas Sénior (centro de referencia en innovación social) ou Actitude +55 (espazo de formación e participación para maiores de 55 anos.)

O contacto entre ambas entidades xurdiu a través da nosa área de Educación e a coordinadora das Aulas Ategal de Ourense, Marisa Justo, concretándose na realización do itinerario formativo «Activismo Senior; Cooperación Internacional e Cidadanía Global a partir dos 50» na propia cidade das Burgas. Posteriormente e grazas a Macarena Alonso, a responsable das Aulas de ATEGAL en Vigo replicamos dita formación na cidade Olívica.

Así que ata o día de hoxe, grazas a esta unión de saberes, capacidades e coordinación interinstitucional, temos contribuído á formación integral de 25 alumnos e alumnas de Ategal para exercer a cidadanía global e a participación social, pero non queremos quedarnos aí, senón que pretendemos seguir colaborando para achegar este itinerario formativo a moitas máis persoas maiores dos centros de formación de Ategal en diferentes localidades de Galicia. Aproveitamos o fío para poñer en valor e agradecer a Ategal a oportunidade de poñernos en contacto co seu alumnado sénior.


MERCADIÑOS MÓBILES E SEGURIDADE ALIMENTARIA

Poñemos fin ao proxecto desenvolto nos municipios de Jocoaitique, Meanguera...

CÍRCULOS DE ESTUDIO EN GUATEMALA. GARANTIR O DEREITO Á EDUCACIÓN

O pasado mes de xaneiro, e grazas ao financiamento do Fondo...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.