Visita a Galicia de Zoila Orquera

0 Comentario
451 Vistas

Solidariedade Internacional de Galicia, en colaboración coa Obra Social Caixa Galicia, impulsou durante o último ano un proxecto con asociacións de mulleres produtoras con poucos recursos en barrios da cidade de Quito, Ecuador.

O proxecto incluíu procesos de formación, e mellora da produción e comercialización dos produtos, o mesmo tempo que permitiu a estas mulleres de escasos recursos desenvolver capacidades humanas e técnicas, para así poder optar a un traballo recoñecido social e economicamente.

Dende unha visión integradora da Cooperación Internacional, en Solidariedade Internacional de Galicia queremos  unir o traballo realizado nos países empobrecidos coa  Sensibilización e Educación para o desenvolvemento na nosa comunidade. E por isto que, durante os vindeiros días recibiremos a visita de ZOILA ORQUERA, unha das mulleres participantes no proxecto realizado en Quito que participará en diferentes iniciativas para dar a coñecer á poboación galega o traballo de produtore/as de cooperativas de comercio xusto e para ter un testemuño en primeira persona das vantaxes que supón esta forma alternativa de comercio para elas e eles.

Consulta o programa e acode a algunha das citas propostas.

  • Luns 14 – Ferrol
    Visita á Obra Social de Caixa Galicia cofinanciadora do proxecto de apoio ó Centro Feminino 8 de Marzo

    Charla-coloquio

    20:00 horas
    Galería Sargadelos Ferrol
    Rubalcava 30-32. Ferrol
  • Martes 15 – A Coruña
    Xornada de portas abertas «Cara a cara co comercio xusto»

    17:00 horas
    Tenda de Comercio Xusto A Coruña
    R/ Cordelería nº79. A Coruña
  • Mércores 16 – Melide – Monforte de Lemos
    Visita ó IES de Melide

    12:15 horas
    Obradoiros co alumnado participante na campaña
    Café-coloquio (con degustación de produtos de comercio xusto)

    20:00 horas
    Galería Sargadelos de Monforte de Lemos
    Praza de España s/n (ao lado da Casa da Cultura)
  • Xoves 17 – Allariz – Ourense
    Visita ó IES de Allariz

    11:30 horas
    Obradoiros co alumnado participante na campaña
    R/ Emilia Pardo Bazán s/n. Allariz
    Xornadas de portas abertas «Cara a cara co comercio xusto»

    17:00 horas
    Tenda de Comercio Xusto Ourense
    R/ Paz nº8. Ourense
    Café-coloquio (con degustación de produtos de comercio xusto)

    20:00 horas
    Casa da Xuventude
    C/ Celso Emilio Ferreiro nº27. Ourense
  • Venres 18 – Vilagarcía – Pontevedra – Bueu
    Xornada de portas abertas «Cara a cara co comercio xusto»

    12:00 horas
    Tenda de Comercio Xusto de Vilagarcía
    Galerías do Casino. Rúa Castelao. Vilagarcía
    Xornada de portas abertas «Cara a cara co comercio xusto»

    17:00 horas
    Tenda de Comercio Xusto Pontevedra
    Galerías da Oliva. Local 4. Pontevedra
    Café-coloquio (con degustación de produtos de comercio xusto)

    20:00 horas
    Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa
    Rúa Eduardo Vicenti nº2. Bueu

III PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

Convocatoria aberta! O propósito do galardón é recoñecer experiencias educativas...

COÑECES AS NOSAS TENDAS?

As compañeiras de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.