ASÍ FOI A VISITA DE MUJERES CREANDO A GALICIA

0 Comentario
7917 Vistas

A finais de novembro tivemos a honra de recibir en Galicia a tres representantes do colectivo feminista MUJERES CREANDO de Bolivia co que estamos a traballar na actualidade a través de proxectos de Cooperación Internacional no país andino.  MUJERES CREANDO é hoxe en día un dos colectivos feministas máis importantes en América Latina tanto polo seu traballo directo con mulleres vítimas de diversas violencias (sexual, económica, laboral…) como pola sua acción política e social neste eido.

En concreto visitáronnos Raiza Zeballos (psicóloga responsable do programa Mujeres en Busca de Justicia), Mayra Rojas (avogada feminista recoñecida polo seu traballo contra a usura bancaria) e Emilana Quispe (responsable do comedor da casa La Virgen de los Deseos). As tres representan unha visión ampla, plural e diversa deste importante movemento feminista no contexto latinoamericano.

A axenda da visita incluíu o intercambio de experiencias en materia de violencias machistas con colectivos sociais e insititucións públicas galegas, encontros con representantes pol´íticos de ámbito autonómico e local e actos abertos ao público en distintas vilas galegas.

O seguinte video resume 10 días de traballo que permitiron achegar á cidadanía galega a aposta política de Mujeres Creando.


III PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

Convocatoria aberta! O propósito do galardón é recoñecer experiencias educativas...

COÑECES AS NOSAS TENDAS?

As compañeiras de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.