Voces do Comercio Xusto: café, resistencia e futuro desde El Salvador

0 Comentario
6749 Vistas

No marco do proxecto “O Movemento Social do Comercio Xusto como exercicio de cidadanía global: unha contribución á consecución da axenda 2030 desde Galicia (III)” contamos con dous actores chave do movemento. Claudia Jiménez -xestora país da CLAC en El Salvador- e Nery Sánchez -presidente da Cooperativa de Reforma Agraria San Carlos Dos-, compartiron a súa experiencia para achegar á cidadanía a realidade que hai detrás da produción de café. A través das súas testemuñas, puxeron de manifesto que o Comercio Xusto vai moito máis alá dun selo: é unha ferramenta de acompañamento, organización e resistencia para pequenas cooperativas que traballan en contextos complexos.

Durante os encontros, Nery compartiu as principais dificultades ás que se enfronta a súa cooperativa: a caída da produción debido a pragas como a roya, os efectos do cambio climático, a falta de recursos técnicos e económicos, a falta de relevo xeracional ou a imposibilidade de mecanizar o traballo nun territorio montañoso. Todo isto provoca que, en ocasións, as cooperativas teñan que vender o seu café en condicións pouco favorables, priorizando a necesidade inmediata de ingresos fronte a outras opcións máis xustas.

Neste contexto, o papel da CLAC, representado neste caso por Claudia Jiménez, resulta fundamental. A súa labor céntrase en realizar un seguimento directo ás organizacións certificadas, non só para garantir o cumprimento dos estándares, senón tamén para fortalecer ámbitos como o coidado ao medio ambiente, a igualdade de xénero ou a participación da mocidade,  así como as capacidades das cooperativas, identificando necesidades e ofrecendo formación e acompañamento para mellorar a súa xestión, organización e sustentabilidade.

Formar parte das redes de Comercio Xusto supón tamén unha maior estabilidade para estas organizacións. As relacións comerciais establécense a longo prazo e os prezos contan cun mínimo garantido, evitando que as baixadas do mercado internacional vulneren os dereitos das persoas produtoras. Así mesmo, as cooperativas certificadas tamén son menos vulnerables ao mercado de futuros, unha práctica moi estendida na compra destas materias primas. Neste contexto, o comercio xusto xoga un papel clave ao garantir a cobertura dos custos de produción e unhas condicións dignas para as persoas produtoras. Porén, as limitacións estruturais seguen sendo un reto importante. O testemuño de Claudia e Nery lembra que detrás de cada produto hai familias, territorios e comunidades que loitan por manter o seu modo de vida, e que un consumo responsable pode contribuír a apoiar esa realidade.

No marco da visita, tamén mantiveron encontros institucionais con representantes políticos de concellos membros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Estes espazos favoreceron o intercambio de experiencias e o recoñecemento mutuo, permitindo reflexionar sobre o papel das administracións locais na promoción dunha economía máis xusta e sustentable.

Para nós, esta visita foi unha oportunidade para achegar realidades que moitas veces permanecen afastadas, poñendo rostro e contexto a produtos que forman parte do noso día a día. Escoitar estas experiencias axúdanos a entender mellor o impacto das nosas decisións. E, sobre todo, reforza o compromiso co Comercio Xusto como ferramenta de loita contra a pobreza e de transformación cara unha sociedade máis xusta e sostible.


Un estudo sobre o impacto social do Comercio Xusto

O estudo que hoxe presentamos é unha das accións desenvolvidas...

Arrinca a terceira edición de Galicia Abriga

Arrincou en Compostela a terceira edición de Galicia Abriga, coa...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.