Voluntariado internacional dende o local

0 Comentario
6289 Vistas

Xa hai uns meses que puxemos en marcha un novo proxecto que nos fai moitísima ilusión e co que pretendemos aopiar o traballo que realiza o Instituto Guatemalteco de Educación Radiofónica (IGER).


O IGER é o Instituto Guatemalteco de Educación Radiofónica, unha organización que traballa pola promoción da educación en Guatemala, onde a situación é dramática, tanto no acceso á educación como nas fendas de logro, especialmente entre os/as mozos/as de zonas indíxenas e rurais, onde a probabilidade de alcanzar o éxito académico é oito veces menor.


A problemática sobre a que traballan está clara: os nenos e as nenas non teñen garantido o dereito á educación e, para atallar isto, o IGER promove o acceso á educación mediante a radio e a educación a distancia, co apoio puntual de profesorado que resolve dúbidas e revisa tarefas. Neste senso o IGER conta con voluntariado que apoia o estudo destes mozos e mozas pero que moitas veces resulta insuficiente para dar resposta a todas as necesidades do alumnado.

Esta situación, con problemáticas e solucións tan claramente definidas, fíxonos soñar na posibilidade de construír pontes entre persoas con compromiso social que, dende aquí, puidesen tomar parte desta iniciativa mediante un voluntariado virtual.

A día de hoxe, as primeiras persoas voluntarias galegas, xa están a facer efectiva á súa colaboración a través do apoio directo ao alumnado, o deseño de materiais didácticos ou a elaboración de probas de avaliación. Unha labor cun impacto real e directo na poboación beneficiaria e dende unha mirada horizontal.

Se tes interese en ser voluntario/a internacional dende o local, contacta con nós enviando un correo electrónico a sensibilizacion@solidaridadgalicia.org.


20 anos da Tenda de Comercio Xusto A Coruña

Pasaron xa 20 anos dende que abriramos aquela primeira tenda...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.