Voluntarios/as de S.I. mobilízanse por Haití
Dende que o pasado 12 de xaneiro, as vidas de centos de milleiros de haitianos viranse truncadas por un terrible tremor de terra, o/as voluntario/as de Solidariedade Internacional de Galicia teñen posto en marcha un sen fin de iniciativas que están a permitir recadar fondos para o que xa era un dos pobos máis empobrecidos do planeta.
Deste xeito, a cidade de A Coruña, foi testemuño dun concerto solidario a cargo dos grupos Lady Evil e El Viejo Caracol, unha festa no pub 14, así coma un calendario para o que posaron traballadore/as de Pull & Bear e que verá a luz nos vindeiros días.
Pola súa banda, o grupo de voluntariado de Pontevedra realizou o pasado día 5, un rastrillo solidario no que participaron centos de pontevedrese/as e que contou cunha colaboración moi especial, a dos internos do Centro Penitenciario de A Lama. Foi tal o éxito desta iniciativa que se prevé a realización dunha segunda edición o vindeiro día 5 de marzo.
Monforte, e máis concretamente, o alumnado dos Centros Educativos desta vila lucense quixeron sumarse tamén as propostas de Solidariedade Internacional de Galicia e foron máis de 1500 os que participaron nunha Marcha por Haití o pasado 12 de febreiro.
Dende este espazo de información e comunicación, queremos agradecer, a todo/as aquele/as que fiséchedes isto posible, a vosa labor, esforzo e dedicación para con Haití.
Cabe destacar que o traballo non remata aquí e, como mostra, o vindeiro mércores, día 17 ás 20:30 horas a Orquesta Gaos dará un concerto no teatro Rosalía de Castro de A Coruña, cuxa recadación será destinada a Solidariedade Internacional de Galicia.
felicidades por el calendario Jorge (sabes que eres nuestro gurú), y felicidades tambien por el mercadillo solidario. mil besos a todos