Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Formación O Globo. Colectivos e particulares

0 Comentario
1044 Vistas

No marco de O Globo, ferramenta pedagóxica que visibiliza e fomenta a participación social, poñemos en marcha unha formación dirixida a colectivos e particulares. «Participación desde abaixo», un espazo que ten por obxectivo afondar nos conceptos e nas ferramentas de participación cidadá, con especial énfase nas experiencias de base: movementos sociais, organizacións comunitarias, iniciativas cidadás, etc., así como promover unha cultura da participación.

A formación ten unha duración de 6 horas, nas que combinaremos o espazo virtual (15 de marzo), a autoformación, e unha sesión presencial (22 de marzo), en Santiago de Compostela. A docente será Ana Lorenzo Vila, socióloga experta en democracias participativas.

Podes inscribirte a través do seguinte enlace.
Tamén quedamos á túa disposición en info@solidaridadgalicia.org ou no 981 24 35 06.

Detalles

Fecha:
marzo 15, 2022
Hora:
17:00 - 18:30
Categoría del Evento:

Local

Virtual

Organizador

Solidariedade Internacional de Galicia
Teléfono:
981243506
Correo electrónico:
direccion@solidaridadgalicia.org
Web:
www.solidaridadgalicia.org