Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Formación «Liderados para construír unha sociedade mellor» con Haydee Castillo

0 Comentario
699 Vistas

No marco do proxecto «Horizonte 2030; construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora», financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, propoñemos unha formación que ten coma obxectivo promover a comprensión sobre o papel e as características dos liderados na construción de sociedades máis humanas e o papel da incidencia política coma medio para a transformación social.

A formación será impartida, de xeito virtual, por Haydee Castillo, recoñecida activista nicaraguana con ampla experiencia.

O curso desarrollarase en 4 sesións os días 2, 4, 9 e 11 de novembro en horario de 18:30 a 20:30 e incluirá os seguintes contidos;

  1. O triángulo para a construción de organizacións sostibles e os retos
    individuais e colectivos dos liderados actuais.
  2. Retos e estratexias para a construción de liderados que transformen a sociedade noutra máis humana.
  3. Marco conceptual do suxeito político e a incidencia política.
  4. O papel da incidencia política na transformación social.
  5. Estratexias de incidencia politica aplicada á realidade.

Se estás interesado en participar, podes facelo enviando un e-mail a sensibilizacion@solidaridadgalicia.org.

Formación

Detalles

Fecha:
noviembre 4, 2020
Hora:
18:30 - 20:30
Categoría del Evento:

Local

Virtual

Organizador

Solidariedade Internacional de Galicia
Teléfono:
981243506
Correo electrónico:
direccion@solidaridadgalicia.org
Web:
www.solidaridadgalicia.org