Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Mercado de Nadal. Vilagarcía

0 Comentario
809 Vistas

Durante 3 días estaremos cun posto de venda no Mercado de Nadal de Vilagarcía de Arousa!

Mercado no que este ano participan 34 firmas comerciais de diversos sectores (5 máis que o ano pasado) e 4 ONGs do municipio.

Haberá unha ampla variedade de produtos relacionados coas festas de Nadal que os visitantes poderán adquirir ou mesmo degustar en situ, actividades que irán acompañadas de música ambiental e mesmo dalgunha actuación en directo nas inmediacións para ir creando ambiente nun mercado cuxa decoración xa de por si supón un atractivo para ser visitado e un elemento dinamizador. Como xa se fixo o ano pasado, para garantir as medidas de seguridade ante o COVID, as casetas que compoñen o mercado repartiranse entre as prazas da Independencia e de España para evitar concentracións de xente e facilitar a separación entre postos.

Se andas por Vilagarcía estes días, agardámoste!

Detalles

Comienza:
diciembre 10, 2021 @ 10:00
Finaliza:
diciembre 12, 2021 @ 20:00
Categoría del Evento:

Organizador

Concello de Vilagarcía

Local

Praza da Independencia
Vilagarcía de Arousa, España