Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Os pousos do café. IV Ciclo USC. Santiago

0 Comentario
1099 Vistas

O 15 de maio ás 10:30 horas, no Centro de Estudos Avanzados (Vista Alegre), no marco do proxecto “Do envellecemento activo ao envellecemento activista” e co apoio e a colaboración do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, impulsamos a actividade “Os pousos do café”. Mediante a cal, alumnado sénior  coñecerá o movemento social do Comercio Xusto como alternativa comercial que pon no centro aos seres humanos e a sustentabilidade social, económica e ambiental das sociedades.

A actividade desenvolverase a través do visionado dunha curtametraxe documental que nos achegará ao comercio xusto desde a perspectiva dunha caficultora en orixe (El Salvador). A continuación manteremos unha charla-coloquio con con Ana María Gutiérrez, protagonista do documental e produtora da Asociación Cooperativa de Produtores Agropecuaria ATAISI de El Salvador e con Claudia Jiménez, xestora neste país da Coordinadora Latinoamericana e do Caribe de Pequenos/as Produtores/as e Traballadores/as de Comercio Xusto (CLAC). Conversando con elas coñeceremos de preto a súa realidade e analizaremos como o Comercio Xusto contribúe a garantir unha vida digna a milleiros de persoas asociadas nas distintas cooperativas de América Central. Para rematar dun xeito distendido tamén poderemos degustar e compartir un exquisito café de Comercio Xusto.

Esta iniciativa conta co financiamento e apoio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia a través da convocatoria da asignación do 0,7% do IRPF.

Detalles

Fecha:
mayo 15, 2023
Hora:
10:30 - 12:00
Categoría del Evento:

Local

Espazo gastronómico O Mercado
Pza. Abastos (Rúa Serra, 5)
Pontevedra,