Cargando Eventos

Teatro VAIA TEA! Viveiro

0 Comentario
619 Vistas
Somos o que vestimos? Que sabemos sobre as implicación do consumo de roupa a nivel internacional? Cal é a realidade das traballadoras da industria téxtil no mundo?

Para contestar a estas e outras preguntas, o 9 de outubro, ás 19 horas, no teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acollerá a obra de teatro ‘Vaia tea’ no marco da campaña #AquíeAcoláOXusto

Nesta peza de Xucrut Teatre para Solidariedade Internacional Galicia representaranse situacións sobre o consumo de roupa acompañadas de humor e co obxectivo de promover a reflexión.

Será unha sesión aberta e de balde con reserva previa de entrada a partir de 1 de outubro no teléfono 982 560 162 ou no e-mail: rbg.cultura@viveiro.es

Detalles

Fecha:
octubre 9
Hora:
19:00 - 21:00
Categoría del Evento:

Local

Teatro Pastor Díaz
Viveiro - Lugo, España