UN PRACTICUM PARA VIVILO

0 Comentario
762 Vistas

Tres estudantes da facultade de Ciencias da Educación da USC realizaron o  seu Practicum en San Marcos de Colón, Honduras. Solidariedade Internacional de Galicia xunto coa Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, veñen de poñer en marcha unha iniciativa pioneira que permite realizar o Practicum do alumnado universitario nun proxecto de cooperación internacional. Mónica Rodríguez, Stefany M. Sanabria e Lorena Trillo, alumnas do cuarto curso do Grao en Educación Social, pasaron case dous meses en Honduras coa organización Sur en Acción, socia neste país de Solidariedade Internacional de Galicia. Durante a súa estadía as alumnas puideron participar das distintas fases dun proxecto de Cooperación Internacional tales como a súa identificación, planificación e implementación.

Con esta iniciativa preténdese que o alumando teña a oportunidade de viaxar a outros contextos e compartir experiencias de traballo con persoas doutras latitudes, adquirindo así esa mirada global que, de seguro, repercutirá na adquisición de novas competencias no seu quefacer profesional futuro. Nas súas prácticas integraron elementos teóricos e prácticos adquiridos na súa formación académica, potenciaron as súas capacidades para avaliar a realidade social e planificaron estratexias para a transformación social, ao mesmo tempo que abordaron a prevención, redución ou solución das problemáticas sociais a partir das distintas funcións profesionais da súa formación.

Orde do día:
Informe de actividades 2017
Informe económico 2017
Plan anual 2018
Aprobación, se procede, do orzamento 2018
Rogos e preguntas
Se desexas participar pero non podes asistir, podes delegar o teu voto noutro socio/a. Solicita un cupón e fáinolo chegar por correo electrónico ou correo postal.
Prégase confirmar asistencia no teléfono 981 24 35 06 ou a través dun correo electrónico a direccion@solidaridadgalicia.org

II FEIRA DA SOSTENIBILIDADE, por ECO-ETIKA

A semana pasada fomos convidadas a participar de novo na...

HAYDEE CASTILLO, RECOÑECEMENTO INTERNACIONAL ACAMPA 2024

A nosa querida compañeira e amiga, Haydee Castillo, ven de...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.