Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Campaña #AquíeAcoláOXusto Ames

0 Comentario
752 Vistas

Dentro da campaña #AquíeAcoláOXusto este sábado 17 de xuño a partir das 15:00 estaremos no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames), coa feira #AquíAcoláOXusto e a representación teatral Vaia Tea.

Na feira, os e as asistentes á feira poderán achegarse á realidade que existe detrás de algúns dos alimentos que consumimos no noso día a día como o azucre, o cacao ou o café.

A través desta actividade, Solidariedade Internacional de Galicia proporciona información a cerca da súa orixe, produción, comercialización, características e variedades, así como dos problemas aos que os produtores e produtoras se enfrontan ata que esta mercancía chega as nosas mans.

Ademáis o público asistente tamén poderán degustar variedades de café, cacao e azucre.

Somos o que vestimos? Que sabemos sobre as implicación do consumo de roupa a nivel internacional? Cal é a realidade das traballadoras da industria téxtil no mundo?

Para contestar a estas e outras preguntas, teredes que participar da obra de teatro ‘Vaia tea’.

Nesta peza de Xucrut Teatre para Solidariedade Internacional Galicia representaranse situacións sobre o consumo de roupa acompañadas de humor e co obxectivo de promover a reflexión.

Será unha sesión aberta e de balde ata completar o aforo .

A campaña Aquí e Acolá O Xusto, financiada por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.

Detalles

Fecha:
junio 17, 2023
Hora:
15:00 - 19:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo da Peregrina
Av. da Peregrina, 16
Bertamiráns, A Coruña, Bertamiráns, A Coruña 15220 España

Organizador

Concello de Ames
Web:
https://www.concellodeames.gal/gl