Acción en lexítima defensa

11 Comentarios
5677 Vistas

O pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, sumámonos á loita das nosas compañeiras bolivianas de Mujeres Creando e a súa “acción en lexítima defensa das vidas e liberdades das mulleres” esixindo xustiza para todos os casos de violencia machista contra as mulleres e esixindo que pare a impunidade para feminicidas e violadores e a corrupción xudicial que permite que estes homes queden libres, aínda que teñan unha sentenza firme. É por iso, que veñen de presentar ao goberno boliviano centenares de casos que recompilaron durante semanas, en coordinación con cinco organizacións feministas de Bolivia, esixindo que se reabran e que se dea unha solución xusta caso por caso e para que a xustiza, fronte a estes casos, non sexa algo que se poida comprar, non pode ser unha peregrinaxe de institución a institución sen ningunha solución nin pode ter custos insostibles.

Dende Solidariedade Internacional de Galicia sumámonos ao seu berro; «basta de impunidade e de corrupción. Por unha xustiza feminista e accesible a todas as mulleres!»

Neste vídeo poderás ver o que aconteceu.

A continuación algunhas das imaxes que se produciron durante unha vixilia realizada no adro do Tribunal Departamental de Justicia de La Paz con motivo das protestas.


II FEIRA DA SOSTENIBILIDADE, por ECO-ETIKA

A semana pasada fomos convidadas a participar de novo na...

HAYDEE CASTILLO, RECOÑECEMENTO INTERNACIONAL ACAMPA 2024

A nosa querida compañeira e amiga, Haydee Castillo, ven de...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.