A crise da cooperación galega
O Proxecto de Lei de Orzamentos das Xunta de Galicia 2010 prevé unha reducción do 16% dos fondos adicados a Cooperación internacional. Un informe presentado pola Coordinadora galega de ONGD´s evidencia a falla de compromiso do actual goberno da Xunta de Galicia.
O pasado 17 de novembre, a Coordinadora Galega de ONGD´s fixo plúblico un informe que pretende ser unha análise exhaustiva do trato que acooperación ao desenvolvemento recibiu no Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais, presentado o luns 19 de outubro no Parlamento de Galicia e que será aprobado en pleno parlamentario o vindeiro 22 de decembro.
Nos que se deron en chamar os «orzamentos da austeridade», o primeirodato relevante é que a cooperación galega fica para 2010 no 0.086% do orzamentoda Xunta de Galicia, con 9.700.000€
Esto supón unha reducción con respecto ao 2009 dun 16% do total dos fondos, que en termos absolutos representa 1.916.000€ menos. Continuamos pois,sendo a Comunidade Autónoma que menos destina a cooperación ao desenvolvemento.
Un dato curioso, acadar o 0.7% do orzamento para cooperación en 2010 tería equivalido ao total investido en cooperación pola Xunta de Galicia, nos últimos 18 anos, 80.000.000€. Estes oitenta millóns, poden parecer moitos, pero representan tres veces menos do gastado ata agora na Cidade da Cultura, e seis veces menos do custo estimado final (476 millóns de euros).
Podes atopar máis información no informe: