Asemblea Anual Ordinaria 2017 de SI Galicia
O vindeiro sábado, 6 de maio de 2017, de 11:00 a 14:00 horas no CSC O Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado,16 de Santiago de Compostela) terá lugar a ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA de Solidariedade Internacional de Galicia.
Orde do día:
- Informe de actividades 2016
- Informe económico 2016
- Plan anual 2017
- Aprobación, se procede, do orzamento 2017
- Aprobación, se procede, de modificación estatutaria
- Rogos e preguntas
Se desexas participar pero non podes asistir, podes delegar o teu voto noutro socio/a. Solicita un cupón e fáinolo chegar por correo electrónico ou correo postal.
Prégase confirmar asistencia no teléfono 981 24 35 06 ou a través dun correo electrónico a direccion@solidaridadgalicia.org
Xunta Directiva
Solidariedade Internacional de Galicia