Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Azucre
Os azucres integrais que ofrecemos nas nosas tendas teñen nome propio, temos dous tipos:
- A Panela de Ecuador
- O Mascobado de Filipinas
Os dous de excelente calidade e condicións de cultivo respectuosas e sustentables para o medio ambiente e para as persoas e organización que coidan a cana de azucre e a procesan.
Na orixe xeográfica e no proceso de secado da melaza é onde atopamos a razón do seu aroma e textura diferentes. No caso da Panela o proceso tradicional consiste na extracción, de forma mecánica da melaza (a auga da cana de azucre), que se deixa secar ata formar rochas para despois trituralas, fin do proceso, non hai ningún tipo de refinamento. O tratamento do mascobado é parecido, a extracción da melaza tamén é mecánica pero o secado fai-se en movemento para que non se formen as rochas, é certo que o proceso tradicional de Filipinas é un pouco mais custoso que o de Ecuador.
O aroma é ben diferente, hai que probalos.
Igual que en todos os produtos de Comercio Xusto os valores engadidos de xustiza social para as persoas produtoras e consumidoras e o respecto por as culturas e o medio ambiente diferencian a Panela e o Mascobado do resto de azucres do mercado convencional.
Cultivos que en Galicia non temos.
A cadea de distribución formada exclusivamente por organización sen ánimo de lucro garanten o prezo Xusto tamén para nós, os consumidores e consumidoras.