24 DE ABRIL: ACCIÓN GLOBAL POLO CLIMA

4 Comentarios
1804 Vistas

2020 Rebelión polo Clima, Alianza polo Clima, e Fridays for Future convocan unha nova mobilización polo clima os días 22 e 24 de abril. Sen esquecer a gravidade da crise sanitaria que estamos a vivir, non queremos dar as costas á crise climática e de biodiversidade que ameaza a vida na Terra tal e como a coñecemos. Debemos comezar de novo e construír un futuro común desde a xustiza climática e social. Porque a saúde, os coidados, e a vida das persoas están por encima de todo. A pesar de que nos quedemos na casa, as nosas voces poden seguir sendo escoitadas. Maniféstache polo clima desde as redes sociais e desde o teu balcón mediante a proxección de sombras e sons!

Nun manifesto conxunto, as organizacións apuntamos que a saída da crise sanitaria débese realizar de forma xusta e sostible. No contexto da emerxencia sanitaria actual e a posterior saída económica, centos de organizacións sociais baixo o paraugas de Fridays for Future, 2020 Rebelión polo Clima e Alianza polo Clima convocan á cidadanía a unha acción global polo clima o vindeiro venres 24 de abril ás 22:00 h. para reivindicar unha volta que poña no centro o medio ambiente e ás persoas e teña en conta criterios de xustiza social e climática. Para iso, as organizacións convidan a unha manifestación a través de proxeccións de sombras e sons en fachadas que se reflectirá nas redes mediante fotos e vídeos das mesmas.

Coa convicción de que cada crise é unha crise e debe ser tratada como tal, as organizacións convocantes son conscientes de que non é momento de interferir na loita contra a pandemia nin de detraer recursos dela e, por iso, esta convocatoria impulsada polo colectivo Fridays for Future en todo o mundo baixo o marco de “Global Strike for Climate”, sitúa o seu centro nas fachadas e as redes e chama á reflexión e a sentar as bases para actuacións futuras, máis concretas e contundentes. A crise climática segue sendo unha realidade e, a pesar de estar formalmente declarada desde moitas institucións, segue sen ser recoñecida como tal por algúns dirixentes, que optan por desatender as indicacións científicas a través dunha inacción culpable. “A humanidade enfróntase a unha emerxencia climática sen precedentes na que tamén é necesario actuar coa responsabilidade de protexer a vida en primeiro lugar.

O quecemento global é consecuencia directa do modelo de produción e consumo que arrisca a supervivencia como especie, ao basearse na explotación ilimitada dos recursos naturais, impactando de maneira inxusta nas poboacións máis pobres e vulnerables”, sinalan as organizacións no manifesto. Esta defensa da supervivencia debe levar aos gobernos para asumir o estado de emerxencia climática e, por tanto, tomar medidas ambiciosas e drásticas. Actuar con contundencia hoxe fronte á emerxencia climática evitará os peores impactos ambientais e sociais no futuro. Por iso, as organizacións propoñen saír do inmobilismo actual e transformar a actividade económica dun modo climática e socialmente xusto. No manifesto, apuntan as actuacións que se deberían levar a cabo tendo en conta dous principios básicos: Dende o punto de vista climático, enfrontar unha redución drástica das emisións netas de gases de efecto invernadoiro, en liña coas indicacións científicas e alcanzando a neutralidade o máis rapidamente posible. Dende o punto de vista social, consideración absolutamente prioritaria das persoas e dos colectivos vulnerables, garantindo para eles unhas condicións de vida dignas.


II FEIRA DA SOSTENIBILIDADE, por ECO-ETIKA

A semana pasada fomos convidadas a participar de novo na...

HAYDEE CASTILLO, RECOÑECEMENTO INTERNACIONAL ACAMPA 2024

A nosa querida compañeira e amiga, Haydee Castillo, ven de...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.