O machismo é a única pandemia que non está en corentena
Durante estes últimos meses, Solidariedade Internacional de Galicia estivo apoiando, grazas ao financiamento da Xunta de Galicia, o traballo que Mujeres Creando está a realizar en pro dos dereitos das mulleres en Bolivia.
A pesar das dificultades provocadas pola pandemia mundial, cun forte impacto nas capacidades de institucións públicas de atención a mulleres, o traballo de Mujeres Creando fíxose aínda mais imprescindible que nunca e non parou nin un momento, como non o fixo, desafortunadamente, a violencia cara ás mulleres.
Dende setembro, o servizo Mujeres en Busca de Justicia na Paz e Santa Cruz, atendeu a máis de 700 mulleres que decidiron saír do círculo de violencia machista do que son vítimas, dándolles solucións concretas e efectivas. Para facer fronte a esa violencia, tamén se realizaron obradoiros con mulleres e nenas sobre autodefensa feminista, entendéndoa como unha actividade vital e de política concreta, xa que para prever a violencia machista é importante coñecer como funciona e como podemos as mulleres actuar en casos de necesidade onde a nosa vida poida atoparse en perigo.
Tamén comezáronse, en coordinación con organizacións xuvenís, obradoiros de sexualidade con enfoque na prevención do acoso e violencia machista con adolescentes da Paz, adaptándose sempre ás novas medidas de bioseguridade.
Doutra banda, traballouse sobre os dereitos económicos e laborais, ofrecendo asistencia legal a mulleres fronte a problemas concretos pero tamén elaborando proxectos de lei o regulamentos para evitar os abusos aos que enfróntanse estas mulleres. Ademais de isto, a axencia de emprego de Mujeres Creando Empleadas de Hogar con Orgullo y Dignidad, en funcionamento desde o mes de setembro, está a ser un nexo entre traballadoras e empregadoras/es baixo un regulamento que outorgue o respaldo necesario para evitar a explotación laboral e proporcionar ás usuarias a seguridade necesaria para ofertar e solicitar persoal para diferentes labores.
Estas son algunhas das actividades que desenvolve Mujeres Creando e que pretenden, nun contexto onde os casos de violencias e feminicidios acrecentáronse durante a pandemia, dar resposta ás necesidades das mulleres e que poidan gozar dunha vida libre de violencias e con independencia económica.