Un recoñecemento aos centros educativos
O pasado xoves, día 8 de abril, celebrouse un acto virtual que tivo coma obxectivo o recoñecemento aos centros educativos participantes na primeira edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. Do acto participou o profesorado, representantes da Coordinadora Galega de ONGD e Solidariedade Internacional de Galicia, así coma os membros do xurado.

Nesta primeira edición participaron 19 centros educativos ( (7 correspondentes á Categoría A: Educación Infantil e Primaria; e 12 correspondentes á Categoría B: ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas) que presentarons experiencias educativas, proxectos e propostas pedagóxicas realizadas durante os dous últimos cursos escolares: 2019-2020 e 2018-2019. Un xurado composto por seis persoas vinculadas ao mundo da educación, a cooperación e a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global en Galicia avaliou as candidaturas e aprobou por unanimidade a resolución do Premio.
Nos seguintes videos podes coñecer todas as experiencias participantes;
Infantil e Primaria
Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas
O CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo e o CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero foron os dous centros gañadores desta primeira edición.
