Voluntario/as galego/as nas II Xornadas Cívicas Europeas

1 Comentario
485 Vistas

Coincidindo coa presidencia española da Unión Europea, Malaga acolleu os pasados dias 7, 8 e 9 de maio as II Xornadas Cívicas Europeas, que baixo o título «Por unha cidadanía social europea» pretenden impulsar unha cidadanía participativa e activa, así como reforzar a función das ONGs como elemento de integración e cohesión social. Voluntario/ás de Solidariedade Internacional de Galicia participaron, xunto a máis de 700 persoas, deste encontro.

Ao longo de tres días e co apoio da Comisión Europea, o Goberno español e diferentes institucións rexionais e locais, as Xornadas Cívicas Europeas 2010 convertéronse nun espazo para a reflexión, o intercambio de ideas e de experiencias.

A loita contra a pobreza e a exclusión social -temática á que a Unión Europea dedicará o 2010-, a igualdade entre homes e mulleres, a nova sociedade intercultural, a educación en valores cívicos ou os dereitos económicos e sociais foron os eixes que vertebraron o contido destes tres días dedicados ao futuro de Europa e á necesidade de involucrar os cidadáns no proxecto europeo.

Solidariedade Internacional, como parte do Comité Organizador, tivo un papel importante na organización destas xornadas que contaron entre os seus relatores con Ana Alcalde, Directora da Fundación Solidariedade internacional con sede en Madrid.

Estas xornadas foron, a sú vez, o márco elixido pola Fundación e Asociacións Territoriais de Solidariedade Internacional para realizar o seu I Encontro de Voluntariado. Unha experiencia que permitiu abrir un novo espazo no que achegar e compartir o labor de todo/ás aquilo/ás que, dende distintos puntos do territorio español, contribúen a facer posible o labor de Solidariedade Internacional.

Neste encontro participaron representantes do voluntariado de Solidariedade Internacional Andalucía, Castela e León, Madrid, País Valenciano, País Vasco e Galicia que tiveron a oportunidade de expoñer as distintas iniciativas postas en marcha dende cada unha das súas asociacións, este é o caso do labor realizado polo/ás andaluces na área de inmigración, as actividades do voluntariado do País Vasco para achegar África a todo o mundo a través do Centro de Recursos Africanistas de Euskadi (CREA-AFRICA), e o traballo realizado por grupos de voluntariado en comercio xusto, sensibilización, formación e apoio loxístico que se leva a cabo en Madrid.

A delegación galega estivo formada por Jorge Rodriguez Vazquez (A Coruña), Paula Lopez Villa (A Coruña), Jessica Nunez Rego (A Coruña), Rubén Campo Gil (Vigo), M. Obdulia Guiance Miguez (Pontevedra) e Vanesa Alvite Pereira (Santiago). Entre todo/ás expuxeron ao resto de asistentes o traballo do voluntariado de Solidaredade Internacional de Galicia en áreas como o Comercio Xusto e a Educación para o Desenvolvemento.

Durante o Encontro concretáronse, así mesmo, os obxectivos e metas de traballo a alcanzar en 2011 polo voluntariado de todas as organizacións de Solidariedade Internacional. A pesar das diferentes circunstancias e contextos de cada organización, acordouse realizar un esforzo por harmonizar e coordinar as diferentes actividades de forma que a acción do voluntariado teña aínda maior repercusión tanto na organización coma na cidadanía en xeral.


Solidariedade Internacional, un gran equipo de profesionais

Un ano máis, voluntarios/as, equipos técnicos en sedes e terreo...

Voluntarios/as de S.I. mobilízanse por Haití

Dende que o pasado 12 de xaneiro, as vidas de...

Deja tu comentario

  Acepto la política de privacidad

Información sobre protección de datos

  • Responsable: Solidaridad Internacional Galicia
  • Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios
  • Legitimación: Tu consentimiento
  • Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
  • Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
  • Contacto: direccion@solidaridadgalicia.org.
  • Información adicional: Más información en nuestra política de privacidad.