Cabalgatas xustas e sen glute
Como cada ano, con motivo das tradicionais cabalgatas de reis, cóntanse por toneladas os caramelos que son distribuidos entre os nenos e nenas galegos/as. Tamén, cada ano, tanto dende a Asociación de Celíacos de Galicia como dende Solidariedade Internacional de Galicia éste é o momento para reivindicar que estes caramelos sexan libres de glute e elaborados segundo os criterios de Comercio Xusto, deste xeito, ambas entidades reclaman o compromiso das instituciós locais galegas coas súas respetivas causas que, tanto nun caso coma noutro, teñen coma obxectivo mellorar as condicións de vida de milleiros de persoas.
Este ano e por primera vez, o obxectivo é único e a campaña para impulsar la incorporación de caramelos de Comercio Xusto e sen glute será realizada de maneira conxunta entre ACEGA e Solidariedade Internacional de Galicia.
Durante este nadal, as dúas organizacións galegas porán en marcha unha iniciativa dirixida a todos os concellos da nosa comunidade, algúns dos cales xa levan traballando nesta líña dende hai anos.
Para ampliar a información poden chamar ó 657 202 890 (María Paz – Solidariedade Internacional de Galicia) ou ó 679 461 003 (Isabel – ACEGA).